"Fenómenos do Rural"
"Queima do Antroido"
Xogos no Entroido.
"XogArte"
O 23 de febreiro celébrase o "Día de Rosalía de Castro", auténtica data de nacemento dunha das mulleres máis importante da nosa cultura galega.
Para conmemorar este día, dende o Equipo de Dinamización do noso centro, entregáronnos un sobre pequeno a cada neno/a, co obxectivo de que se escribise nel un poema ou uns versos de Rosalía e se fixese unha ilustración relacionada co poema ou con Rosalía de Castro,
Dentro do sobre metéronse sementes, de xeito que a nosa mensaxe foi "Sementando amor por Rosalía".
Estes sobres coas sementes, repartíronse entre os establecementos da vila, agardando que o amor por Rosalía floreza aínda máis polas rúas de Pontedeume.