No seguinte vídeo poderedes coñecer a lenda que existe sobre o Castelo de Andrade. Agardamos que vos guste!!
"O Castelo da Fame"
No seguinte vídeo poderedes coñecer a lenda que existe sobre o Castelo de Andrade. Agardamos que vos guste!!
"O Castelo da Fame"
O xoves 11 de marzo realizamos unha charla sobre educación viaria coa Policía Local de Ferrol e Pontedeume.
Aprendemos moitas cousas relacionadas co tráfico, os peóns, as normas de tráfico,... que nos farán movernos pola vila con máis seguridade.
"A HERÁDICA NA NOSA VILA"
O xoves 25 de febreiro tivemos unha exposición virtual sobre a heráldica da nosa vila.
Silvia, unha experta da historia de Pontedeume , explicounos con moita tenrura e paciencia, información interesante sobre os brasóns, e en especial , sobre os brasóns da nosa querida vila.
Aquí vos deixamos unhas fotiños dese día.
Ola rapazada do Couceiro!!
Aquí estamos comezando a nosa andaina co Club de lectura :
O CAPITÁN MAIMIÑO!!
É a primeira vez que o alumnado participa nun club de lectura e estamos encantados/as de ler sobre as aventuras deste capitán tan especial e a súa familia!!
Estamos lendo, compartindo, reflexionando sobre moitas cousiñas que saen no libro e que son temas de actualidade , da man dun escritor eumés ( Antonio Manuel Fraga) .
https://www.antoniomanuelfraga.gal/ ( páxina web do autor da obra)
Aquí tedes algunhas fotiños das nosas aulas :
SEGUIMOS COMPARTINDO MOMENTOS DE LECTURA E REFLEXIÓN CONXUNTA!
Seguimos traballando o PDI "A nosa vila, Pontedeume"
Nesta ocasión , dende a axencia de publicidade de cada clase, os nenos/as explican información sobre a nosa vila.
Con esta iniciativa pretenden animar a poboación galega e non galega, a que veñan a coñecer a nosa querida vila: Pontedeume, vila medieval!!
4º B