domingo, 4 de marzo de 2018

COÑECENDO AS ALGAS CO ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA


   A semana pasada os nosos compañeiros e compañeiras de 4º de Primaria, xunto coa súa mestra Sabela, fixéronnos unha exposición e charla das algas que están a investigar no PDI “Alén do Mar”.

   Aprendemos un montón de cousas sobre elas. Puidemos velas, tocalas, saber que utilidades poden ter, algunhas curiosidades,... 

   Foi xenial... Parabéns compañeiros e compañeiras polo voso traballo!!!

  Velaí van algunhas imaxes.  













No hay comentarios:

Publicar un comentario

MAIOS 2023