miércoles, 31 de octubre de 2018
lunes, 29 de octubre de 2018
UN PASEO POR PONTEDEUME
O pasado 25 de outubro realizamos unha visita guiada por Pontedeume para coñecer a historia dalgúns monumentos emblemáticos desta fermosa vila.
Acompañados por Sabela e Noli, aos que agradecemos todas as súas historias, aprendimos un montón de cousas sobre a antiga muralla, sobre a Ponte de Pedra, o Torreón dos Andrade, o Pilón,... e moitas cousas máis que anotamos nos nosos cadernos.
Foi unha mañá moi especial que seguro non esqueceremos.
Velaí vos deixamos dous vídeos con imaxes desta actividade.
domingo, 21 de octubre de 2018
PDI "BO PROVEITO" - GIUSEPPE ARCIMBOLDO
Comezamos o PDI "Bo proveito" investigando sobre a vida e obra de Giuseppe Arcimboldo, do cal coñeceremos unha espectacular forma de pintar utilizando alimentos e outros elementos da natureza.
Velaí vos deixamos algunha información sobre el e a súa obra, e un vídeo moi interesante.
GIUSEPPE ARCIMBOLDO
Naceu en Milán (Italia) no ano 1527.
Foi un pintor coñecido polas súas representacións do rostro humano a partir de
flores, froitas, plantas, animais ou obxectos. Pintaba en lienzo.
O pai de Arcimboldo foi artista, e
sobre todo vidreiro. Como o seu pai, Giuseppe Arcimboldo comezou o oficio
familiar de elaborar vitrales, mosaicos e frescos para as igrexas, pero foi con
21 anos cando entrou no gremio dos pintores.
As
súas obras eran pintadas con meticulosidade , moi detallistas, sempre partindo
do mundo natural e combinándoo, desenvolvendo paradoxas e coincidencias na
evocación dun rostro.
Tiña un gran coñecemento naturalista,
o que lle permitiu ter unha habilidade para reproducir vexetacións, décadas
antes de que o bodegón fora aceptado como un xénero máis da pintura.
Logo dunha vida de pintor e decorador
,estableceuse na súa cidade natal no seu estudio de arte.
Morreu en Milán, no ano1593, dun
problema nos riles.
É nomeado cabaleiro do Sacro Imperio
Romano Xermánico.
A súa pintura caeu no olvido ata que
comezaron a aparecer imitadores e copistas posteriores.
Na actualidade hai unhas 25 pinturas
auténticas de Giuseppe Arcimboldo.
miércoles, 17 de octubre de 2018
Benvidos a un novo curso.
Ola a tod@s:
Xa nos botabades
en falta verdade?? O certo é que ao longo deste curso imos a traballar dous
proxectos moi ilusionantes e importantes, e precisabamos algo de tempo para
organizar o comezo dos mesmos.
Un dos proxectos
é o PDI “Bo Proveito”, no que trataremos varios temas relacionados coa
alimentación, tales como alimentación e saúde, alimentos con arte e arte con
alimentos,... e por suposto, antes de comezar a cociñar, tiñamos que ter
preparados todos os ingredientes. E así, nesta semana, con motivo do Día Mundial da Alimentación, que se celebra o 16
de outubro, damos comezo ao proxecto.
O outro proxecto
é o de “Isla fantasía”. Todos estabamos ansiosos por recibir novas dende a Illa,
e estes días chegounos unha carta do gobernador na que xa se nos propoñían novos
retos e aventuras, así que comezamos de inmediato a investigar e a
traballar sobre o tema deste curso, que xirará en torno aos Indios Lakota.
Dito isto, dende
xa mesmo, comezaremos a compartir con todos vós por medio deste blog algunhas
das cousas que traballemos en ambos proxectos, e tamén outras relacionadas coas distintas
materias de cuarto.
Agardamos que vos
gusten!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Na clase de Ciencias de Socias aprendemos os ríos e encoros mais importantes de Galicia
-
Dende a biblioteca do cole chéganos unha nova propostas de Güino chamada "Contos confinados". No seguinte enlace podedes atopar to...
-
Como xa sabedes, o 29 de xaneiro realizaremos unha saída didáctica á Coruña para visitar o Aquarium Finisterrae. Estamos co...