Cada vez que recibimos unha carta de Illa Fantasía propoñendo un novo reto, nós participamos encantados e con moitísimo entusiamo.
O último era construir un tipi e aprender unha canción india para recibir unha visita moi especial chegada de Boca de Lobo.
Con tipis feitos, tanto grandes como pequenos, e coa canción aprendida... chegou a ansiada visita...
Tatanka Ská!!!!
Visitou o noso cole o pasado venres 14 de decembro, e contounos fermosas historias sobre a súa familia e sobre o seu Lunicornio.
E falando de Lunicornios... Tatanka Ská tamén nos propuxo un novo reto... atopar Lunicornios por Pontedeume a partires do sábado 22 de decembro.
Por suposto que... nós sairemos ás rúas da nosa vila para superar este novo reto entre todos.
Velaí vos deixamos algunhas imaxes desta fermosa actividade.
Agardamos que vos guste tanto como a nós.
👏👏👏
ResponderEliminar