jueves, 6 de diciembre de 2018

VISITA Á CASA DA CULTURA PARA VER A EXPOSICIÓN HOMENAXE AO PINTOR EUMÉS ABELARDO MIGUEL


    O pasado mércores 5 de decembro, o alumnado de 4º de Primaria realizou unha visita á Casa da Cultura de Pontedeume para gozar da "Exposición - Homenaxe ao pintor eumés Abelardo Miguel no centenario do seu nacemento".

   Abelardo Miguel López (1918 - 1991) naceu na rúa da Pescadería de Pontedeume. Foi o quinto de once irmáns dunha familia de pescadores, unha orixe maiñeira que influiría decisivamente na súa obra. Debuxou dende a súa máis tenra infancia, sendo a pintura o seu acto vital por excelencia. Estudou na Escola de Artes da Coruña, realizando a súa primeira exposición con dez anos nunha tenda de tecidos de Pontedeume.

   Abelardo Miguel  é Pontedeume. tanto a súa vida como a súa obra xiraron arredor da nosa vila e contorna, do seu mar e das súas xentes, sobresaíndo todo isto nos seus óleos cun estilo particular  e incomparable. Ninguén retratou Pontedeume e ás súas xentes como Abelardo Miguel, de ahí que a súa vila natal lle brindase esta homenaxe.

















1 comentario:

MAIOS 2023