jueves, 24 de enero de 2019
TATANKA SKÁ DE NOVO NAS NOSAS AULAS.SOMOS DE CORES
O venres 21 chegou Tatanka Ská de novo as nosas aulas.Nesta ocasión contounos un montón de cousas pero o que máis nos gustou foi que ensinounos como podiamos pedir a súa pluma máxica polos nosos seres queridos e sobre todo que nos respetemos uns a outros e teñamos pensamentos positivos de tolerancia, respeto, cooperación e de coidado de uns polos outros.
Tamén ensinounos a bailar a súa canción; foi moi divertido.E por último, entregou os nenos/as que conseguiron o reto do pasaporte da felicidade un agasallo.Foi xenial!!
martes, 22 de enero de 2019
Día da Paz e Non Violencia 2019.Somos de Cores.Illa Fantasía
Este día celébrase o 30 de xaneiro, dedicado a conmemorar nas escolas unha cultura de non violencia e paz.
A educación en tolerancia, solidariedade, harmonía, respecto por dereitos humanos, non violencia e paz son motivos para recordar o 30 de xaneiro. No Día da Paz, as escolas comprométense como defensores da paz e a comprensión entre persoas de diferentes orixes e formas de pensar .
Neste día celébrase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), un líder pacifista que defendeu e promovió a non violencia e a resistencia pacífica á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.
Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite aos nosos alumnos adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforzan o seu desenvolvemento como críticos cidadáns globais comprometidos cos seus dereitos e cos dos demais.
Na escola adoitamos procurar cada día estes valores: tolerancia, respecto, non violencia....
Mais agora que se achega o 30 de Xaneiro, Día da non Violencia e da Paz imos visualizar estes videos, ler libros, debuxar, debater, cantar...

Agora estamos a preparar as actividades artísticas, plásticas e musicais para participar xunto con toda a Comunidade Educativa nos actos centrais da Non Violencia e a Paz.
Dende Illa Fantasía chegounos unha carta de Pluma Azul , unha india lakota que contounos como celebran nestas datas a paz en Illa Fantasía
Imos cantar e bailar esta canción de Mamá Cabra. Os máis pequenos xa teñen a coreografía!
Pero tamén imos traballar coa mestura de cores para procurar a cor branca que simboliza a PAZ.
Para iso faremos un xoguete tradicional "O zumbador " Adoita facerse cun botón grande e xa zumba pero como nós ademais queremos facer a cor branca ollade neste video como facelo e como funciona.

Deixamos tamén unha páxina con información sobre a Paz:
martes, 15 de enero de 2019
Proxecto de Investigación Intercentros "O SISTEMA SOLAR"
Proxecto de Investigación Intercentros "O SISTEMA SOLAR"
O alumnado de Primaria de 4º, 5º e 6º participa representando a Plutón nun Proxecto qno que participa xunto a 9 centros de Ferrolterra con nenas e nenos de diferentes idades.
A idea partiu do CIFP "Ferrolterra" que engaiolounos co seu entusiaismo polas órbitas, medidas, escalas...compartindo con todos nós os datos técnicos elaborados polo seu grupo de Formación Profesional, e convencéndonos de que "si o Sol esivera no patio do seu centro... a órbita de Plutón pasaría polas portas do noso".
E así máis ou menos, ata acadar unha rica e variada participación intercentros que durante o primeiro trimestre investigou para coñecer o seu astro e presentarllo ao resto.
Os participantes somos:

- En Ferrol:
- O Sol, CIFP "Ferrolterra"
- Mercurio, IES "Saturnino Montojo".
- Venus, IES, "Sofía Casanova"
- Terra, CEIP "Recimil"
- Marte, CEIP "Esteiro"
- Xúpiter, IES "Canido"
- Saturno, IES " Catabois"
- Urano, IES "As Telleiras" Narón.
- Neptuno, IES "Fernando Esquío" Neda.
- Plutón, CEIP "Couceiro Freijomil" Pontedeume.
Os "plutonianos" logo de investigar na biblioteca, na rede, con axuda dos materiais compartidos...
decidimos elaborar entre as seis aulas unha carta de presentación científica e imaxinativa. Partimos dun saúdo presentando datos do noso planeta anano para pasar a desenvolver unha imaxinativa sociedade, cos seus habitantes, costumes, linguaxe...e unha despedida de Nadal.
Xuntámonos todas e todos na biblioteca para ver o traballo conxunto e enviar por correo estelar a nosa primeira aportación ao proxecto.
O último día de clase chegaron outros correos estelares máis abrirémolos todos á volta de vacacións.
Ollade aquí unha referencia do correo interestelar que chegou á Terra. Está o noso! Védelo xa encadernado?
Seguiremos informando!
Exposición Correspondencia Espacial do 1º trimestre
Exposición Correspondencia Espacial do 1º trimestre
Xa rematado o Nadal, voltamos ás aulas. Na escola esperaba aos nenos e nenas do Proxecto Intercentros de 4º, 5º e 6º de primaria o correo do Sistema Solar. O Sol, e todos os planetas que xiran arredor del, recibiran a súa carta de presentación e respostáronlles.
Agora no segundo trimestre, pendentes das actividades conxuntas cos outros centros , nas aulas de 4º investigarán na relación da mitoloxia e os planetas, nas de 5º elaboraran libros de lapelas en pequeno grupo sobre diversos aspectos do Sistema Solar, mentres en 6º centraranse nunha análise máis técnica: tamaño, densidade, órbita, escalas...
Como traballan estes "plutonianos"!
lunes, 7 de enero de 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Na clase de Ciencias de Socias aprendemos os ríos e encoros mais importantes de Galicia
-
Dende a biblioteca do cole chéganos unha nova propostas de Güino chamada "Contos confinados". No seguinte enlace podedes atopar to...
-
Como xa sabedes, o 29 de xaneiro realizaremos unha saída didáctica á Coruña para visitar o Aquarium Finisterrae. Estamos co...