viernes, 6 de diciembre de 2019

PDI "No Couceiro pola Igualdade" - Conmemoración do Día Internacional da Discapacidade.



   O día 3 de decembro conmemórase o Día Internacional da Discapacidade, é no Couceiro non iamos ser menos!!


   Como xa sabedes, este curso, o noso PDI versa sobre a igualdade, polo que traballamos co noso alumnado este termo no sentido mais amplo. Así pois, falamos da igualdade de xénero, igualdade racial, igualdade de clases sociais,... e por suposto tamén falamos da igualdade entre persoas con ou sen discapacidade. 


   O alumnado de Educación Infantil elaborou un mural, tomando como referencia o cartel  da "Confederación Salud Mental de España".


   Elaboraron este mural debuxando iconos das distintas discapacidades existentes, para agruparnos a todos/as baixo o mesmo paraugas. 



   Nas aulas de 3ª A e B estivemos  falando e reflexionando moito sobre este tema. Comezamos cunha gran choiva de ideas para saber que coñecía o noso alumando sobrea discapacidade, para despois ver dous cortos moi interesantes.

 O primeiro foi " Cuerdas", o cal nos fixo reflexionar sobre a discapacidade motórica, e pensar en todas as cousas que podemos facer para que as persoas que nos reodean, teñan ou non discapacidade, se sintan valoradas, queridas e integradas na nosa sociedade.

    A continuación podedes ver o corto clicando na imaxe.



   Tamén visionamos o corto de "Tamara", unha nena que soña con ser bailarina, e á que lle encanta bailar mentres a súa caixa de música emite unha fermosa melodía. E, a pesar de ter unha discapacidade auditiva e non poder escoitar dita melodía, Tamara non perde o sorriso nin as ganas de bailar. Demostrándonos a todos e todas que, a pesar das discapacidades ou limitacións que poidamos ter, sempre seremos capaces de facer moitísimas cousas por nós mesmos, e cumprir  así moitos dos nosos soños.

   Clicade na imaxe sI queredes ver o corto.




   E para rematar a semana, o xoves recibimos no noso cole a visita de mozas e mozos de ASPACE Coruña.


   Faláronnos do que é a parálise cerebral, de como é o seu día a día, mostráronnos que todas as persoas nos podemos expresar e comunicar o que sentimos ou queremos, ensináronnos como aprenden, como fan deporte, como viaxan ou como elaboran fermosos materiais. Pero sobre todo nos demostraron que, ao igual que todos nós, son capaces de facer miles de cousas por si mesmos. Incluso teñen o seu propio programa de radio, chamado "La radio de los gatos".

   E así rematou a nosa semana, na que se conmemorou o Día Internacional da Discapacidade, e na que podemos dicir moi alto e claro...

"NO COUCEIRO POLA IGUALDADE" 













No hay comentarios:

Publicar un comentario

MAIOS 2023