Esta semana estivo cheo de visitas. Nesta ocasión da man da Capitá Mariana.
Chegou pola porta... e como sempre pediu ser recibida como a gran Capitá que é. Todos/as de pé... e o entrar... quedamos abraiados! Non tiña a cadeira de rodas, levaba un bastón. Comentounos que se atopaba moito mellor e que xa estaba case recuperada.
Estaba moito contenta, xa que cumplimos co reto de crear as palabras ou feitizos de Paz, e trouxonos un xogo para celebralo. Dounos os parabéns a todo o cole, polo traballo que está no corredor da escola.
Xogamos a adiviñar, a través de pistas, de que muller da tripulación do Stella Maris estabamos a falar.
Tanto 3ºA como 3ªB fixérono moi ben!!! Coñecen a case todas as mulleres da tripulación!! E son 25.
Para rematar , cantamos o RAP DE ISÓTITA!!!
Aquí deixamos unhas fotiños das dúas clases para que vexades que ben o pasamos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario