martes, 17 de marzo de 2020

Actividades de Naturais - Semana do 23 ao 27 de marzo.


      Mira os seguintes vídeos e despois copia e contesta ás preguntas no teu caderno de Ciencias Naturais.

  • Cales son as tres funcións vitais?
  • En que función vital interveñen os 5 sentidos, o sistema nervioso e o aparello locomotor?
  • Que dúas  cousas nos proporcionan os alimentos?
  • Que función vital é a que consiste en ter descendentes?
  • Cales son os catro aparellos que interveñen na función de nutrición?
  • Que aparello se encarga de introducir osíxeno no noso corpo?
  • Que aparello se encarga de repartir os nutrientes e o osíxeno polo noso corpo?
  • Que aparello se encarga de eliminar as substancias de refugallo do noso corpo (urina e excrementos)?

LAS FUNCIONES VITALES




LA FUNCIÓN DE NUTRICIÓN

LA  FUNCIÓN DE RELACIÓN






Copia a seguinte información no teu caderno de naturais.


A FUNCIÓN DE REPRODUCIÓN
"Aspectos fundamentais"
  • A función de reprodución consite en ter descendentes (fillos ou fillas).
  • As persoas teñen reprodución sexual, é dicir, deben intervir dúas persoas de distinto sexo (muller e home).
  • As persoas somos vivíparas, nacemos do ventre da nosa nai.
  • Os órganos da reprodución agrúpanse no aparello reprodutor, sendo diferentes os aparellos do home e da muller.
  • O aparello reprodutor completa o seu desenvolvemento durante a adolescencia.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

MAIOS 2023