viernes, 13 de marzo de 2020

Club das letras. "Exposición dos nosos traballos".



 CLUB DAS LETRAS: A NARRADORA DO DESERTO

2º Trimestre
   Como xa sabedes, este ano na escola levamos a cabo un proxecto chamado: "O Club das letras". Proxecto de innovación educativa co obxectivo de potenciar o emprendemento, o pensamento crítico e creativo nas área das Humanidades, as Artes e as Ciencias Sociais. Cada ano partirá dunha temática concreta sobre a que se fomentará a reflexión, a lectura crítica e a achega a novos materiais e perspectivas, abordada de xeito transversal.
   Para o presente curso o tema escollido foi a igualdade (contribución desde un punto de vista literario, artístico, filosófico ou histórico a cuestións relacionadas coa visibilización das mulleres, do seu rol na sociedade e/ou representación das mulleres ao longo da historia).

   Durante o 1º trimestre, en tres sesións consecutivas, na biblioteca do cole, a mestra Maria Cascallar (membro da BE), traballou coa aulas de terceiro a obra; A NARRADORA DO DESERTO.





   Unha historia increíble que conta a vida de Amira, unha coidadora de cabras, que desexa que chegue o final do día para facer o que máis lle gusta... narrar contos!! Ata que un día decide fuxir do seu país en busca dun futuro mellor noutro lugar, posto que na súa vila hai moita fame, moita seca e está en guerra.


   Así pois, logo de reflexionar sobre esta fermosa historia, decidimos traballar sobre distintos aspectos que nela se mencionan. Contos, lendas, emigración ilegal, igualdade, capacidade de esforzo e superación,...

    Os nenos e nenas de 3º elaboraron distintos traballos que despois presentaron aos compañeiros e compañeiras de nivel.  Os traballos realizados foron:

Títeres para contar a historia de "Simbad o Mariño" de "Aladin e o Mago" e de "A narradora do deserto".







Kamishibai para expoñer a Lenda da Ponte de Pedra de Pontedeume.




   Outro dos traballos foi inventar distintos finais para o conto "A narradora do deserto", e elaborar un mural chamado "Que foi da narradora do deserto?"

   Así pois, partindo do encontro que se produce entre Amira e o seu amigo Nassim ao chegar a un novo país, falamos sobre a inmigración ilegal, a axuda que reciben os inmigrantes que chegan en pateras por parte da cruz vermella, como son os centros de refuxiados e como se vive neles, que son as deportacións ou o asilo humanitario, etc.







    Todas as actividades realizadas neste proxecto "O Club das Letras"  foron moi fermosas e significativas, realizando sempre as tarefas en grupo e aprendendo un montón uns dos outros. Ao alumnado encantoulle todo o proceso, especialmente as exposicións, nas que se sentiron moi orgullosos por todo o traballo realizado.

























No hay comentarios:

Publicar un comentario

MAIOS 2023