O día 9 de marzo, o alumnado de 1°,2°,3° e 4° de educación primaria, participaremos no Proxecto Libera 1m2. Consiste na recollida de residuos na praia da Magdalena en Cabanas.
Neste enlace podes ver a convocatoria oficial da recollida. (Proyecto Libera 1m2)
Libera1m2 é unha movilización da comunidade, neste caso educativa , para liberar a nosa natureza do lixo, denominada Basuraleza.
VÍDEOS INTERESANTES SOBRE O TERMO BASURALEZA E LIBERA
Esta actividade intenta reflexar que, co esforzo de todos/as, podemos conseguir moitos metros cadrados limpos e producir un gran impacto no noso entorno natural.
A actividade ten unha doble vertente educativa: por un lado, é un xornada de convivencia entre alumnado, mestres/as e familias. E por outro, unha xornada de civismo e conciencia medio ambiental.
Como xa sabedes , este ano dende Illa Fantasía e coa estreita colaboración da nosa escola ,estamos facendo moito fincapé na educación ambiental, xa que é un dos obxectivos esenciais da etapa do noso alumnado.
Deste xeito, coas experiencias educativas que se lle presentan , con charlas sobre reciclaxe e a posta en marcha de iniciativas de coidado e respeto da nosa contorna, intentamos fomentar no alumnado a conciencia ecolóxica e formar unha cidadanía crítica e democrática , que respecta o mundo no que vive. De xeito que poidan ser cidadáns libres nun mundo sostible.
Esta actividade, realízase a raíz de recibir unha charla de ECOEMBES que se levou a cabo en colaboración co Concello de Pontedeume.
IMPORTANTE:
Se o tempo non acompaña para facer a actividade, avisarase o domingo 8 de marzo na páxina web da escola e no Facebook.
WEB DO COLE ( ENLACE PARA A PÁXINA WEB CEIP COUCEIRO FREIJOMIL)
Se fose así, faremos unha nova convocatoria para que as familias que nos acompañan podan anotarse de novo.
Grazas pola participación e Libera o teu 1m2.
No hay comentarios:
Publicar un comentario