viernes, 24 de abril de 2020

MAIOS NA CASA


 A FAMILIA COUCEIRISTA ÚNESE Á FESTA DOS MAIOS DA NOSA VILA  

O curso pasado a estas alturas estariamos organizando unha das festas máis importantes da nosa escola e da nosa Vila: A FESTA DOS MAIOS. 

Con moito esforzo e traballo conseguiamos xuntar tradición e innovación, escola e familia...para culminar a celebración sacando os nosos maios e cantigas polas rúas de Pontedeume acompañad@s de tod@s vós. 

Este ano será diferente pero está nas nosas mans que a tradición continúe máis que nunca vinculada á innovación, e que a escola camiñe máis que nunca unida á familia. Así que como non podía ser doutra forma, a familia couceirista unirase á Festa dos Maios da nosa Vila!


Clicade no seguinte enlace ou na imaxe para acceder á información sobre a celebración dos Maios que nos propón este ano o Concello de Pontedeume.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

MAIOS 2023