domingo, 19 de abril de 2020

RETO DA BIBLIOTECA - DÍA DO LIBRO



Seguro que estes días estades a ler, a ver, a escoitar moitos contos. Contados polos vosos papás e mamás; lidos por vós na tablet, no ordenador ou en papel.

 Pois a proposta de Güino é a seguinte para o día 23, Día do Libro:






Por ser o Día do Libro imos facer un momento especial do noso tempo de lectura. Ímonos fotografar e enviar a foto para que Güino faga a videomontaxe #euquedonacasalendo ao correo de Güino que é:  bibliocouceiro@gmail.com

Para facer fotos ben orixinais botádelle imaxinación, pensade que: 


  • Podemos estar sós ou lendo en familia., mellor se saímos todos na foto, non é?
  • Escollemos o libro que máis nos gusta, o máis novo, o que estamos a ler nestes días...
  • Podemos poñernos preto dos nosos libros no noso cuarto, na sala, na ventá...
  • E tamén podemos facer construcións cos nosos libros e facer a foto lendo ao seu carón!

O 24 queremos empezar xa a montaxe fotográfica #euquedonacasalendo. Enviade as vosas fotos segundo as fagades para que todos e todas axiña podamos vernos compartindo as nosas lecturas do Día do Libro!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MAIOS 2023