Bo día nenas e nenos.
A mestra Lydia e o mestre Nando agardamos que esteades tod@s
ben. Seguro que dende que se pode saír a dar un paseo ou xogar á rúa o levades
mellor, e máis aínda si veñen días de sol e bo tempo.
Pouco a pouco estamos conseguindo entre tod@s que cada día as cousas vaian
mellor así que... parabéns e moito ánimo. Xa queda menos!!
Comezamos entón a semana repasando Ciencias Sociais. Neste caso, repasamos :
"A PREHISTORIA"
Sabemos que este tema é moi chulo para traballar e sabemos que vos gusta moito!!
1.-Para comezar, veremos un vídeo que resume as etapas da Prehistoria:
Como puideches ver, o vídeo fala das etapas da Prehistoria , pero nesta ocasión imos a centrarnos no Paleolítico
2.-Agora, na libreta de Ciencias Socias ou nunha folla en branco, contesta ás seguintes preguntas:
- En cantos períodos se divide a Prehistoria?
- Cando comeza o Paleolítico?
- No Paleolítico, os homes e as mulleres vivían nun mesmo sitio ?
- Por que non quedaban nun mesmo sitio?
- A que se dedicaban os homes e as mulleres do Paleolítico?
- Onde vivían? Con que se vestían?
- Que pintaban nas rochas ?
3.-Para finalizar, fai un debuxo no que poidamos ver: onde vivían, que facían, como vestían, que pintaban... os homes e mulleres do Paleolítico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario