miércoles, 3 de junio de 2020

NOTICIAS DENDE ILLA FANTASÍA


Bo día nenas e nenos!!!!

Hoxe chegounos un vídeo ao correo que nos puxo moi felices e que queremos compartir con todos vós!!!

No vídeo aparece Esperanza, para falarnos da súa viaxe a Illa Fantasía!!! Por sorte, este curso tamén naceron os unicornios para os nenos e nenas de 5 anos que aprenderon a ler e escribir, e xa están camiño das súas casas!!!

Pero Espezanza tamén nos ensina unha morea de obxectos máxicos que trouxo da súa visita á Illa. Atopouse con Brújula, Tatanka,... e entre todos eses obxectos, tamén trae algúns que nos poden dar pistas sobre o que poderá acontecer na Illa o curso que ven!!!

Agardamos que o disfrutedes tanto coma nós!!!!

Vémonos pronto rapaces e rapazas de terceiro!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

MAIOS 2023