A mestra Lydia e o mestre Nando sempre vos falamos da importancia de ler casi a diario. Por iso, queremos compartir con vós no seguinte enlace as recomendacións que nos fai Güino dende a Biblioteca para ler no verán. No voso caso as máis indicadas serían as de lectores autónomos, pero podedes botar unha ollada ao resto de recomendacións porque pode que tamén atopedes libros que vos interese ler, regalar, contar,...
Esperamos que gocedes da lectura!!!! Milleiros de bicos rapazada de terceiro!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario