sábado, 26 de septiembre de 2020
lunes, 21 de septiembre de 2020
jueves, 17 de septiembre de 2020
RECREOS NOS DÍAS DE CHUVIA PARA O ALUMNADO DE 4º EP
Estimadas
familias :
Durante o presente curso,debido á situación provocada pola COVID-19, o alumnado de 4º EP fará o recreo no pavillón os días de chuvia. No pavillón poderán estar na pista polideportiva (sempre e cando teñan calzado deportivo) ou no espazo que hai entre a pista e as gradas.
Dito isto, para os días de chuvia propoñemos que o alumnado que queira poder acceder á pista polideportiva traia da casa unha bolsa con tenis para cambiarse antes de baixar ao pavillón ou ben que xa veñan con calzado deportivo posto da casa.
No caso de traer una bolsa con tenis para cambiar no cole, esta bolsa non poderá quedar na aula e terá que ir de volta para a casa ese mesmo día.
Un saúdo dos titores Lydia e Nando.
Grazas pola vosa colaboración.
sábado, 12 de septiembre de 2020
viernes, 11 de septiembre de 2020
INICIO DO CURSO 2020/2021 - INFORMACIÓN IMPORTANTE
INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DAS CLASES
4º EDUCACIÓN PRIMARIA
CURSO 2020/2021
AVISO IMPORTANTE
As clases comezarán os días 11 e 14 de setembro en función do nivel educativo, por ser o 10 de setembro festivo local.
O alumnado de 4º de EP empezará o luns 14 de setembro no horario que vos exporemos a continuación. Dicir tamén que os servizos de transporte e comedor funcionarán dentro das pautas que vos pasaremos ao longos destes días con relación a esta "nova normalidade".
HORARIO PARA O LUNS 14 DE SETEMBRO
Con respeto ao alumnado de 4ºEP que veña en transporte escolar, o luns 14 de setembro, o transporte escolar recollerá ao alumnado na parada que teñen solicitada nos horarios habituais. Este alumnado chegará á escola ás 8:30h e estará na súa aula xunto co seu profesor titor/a ata que chegue o resto do alumnado ás horas establecias. Os horarios de saída serán os de todo o curso .
Ás 12.30h incorporarase o alumnado de 4ºEP pola entrada que está do lado do pavillón. Agardaredes no peirao, fóra do recinto ata que vos chamemos. É obrigatorio o uso de máscara, respectar a distancia de seguridade e só un acompañante, que non sexa unha persoa de risco, por alumno/a.
A hora de saída será ás 13.35h. pola porta do lado do pavillón.
- 4ºA: sairá polo lado dereito mirando ao mar
- 4ºB :sairá polo lado esquerdo mirando ao mar.
MATERIAL QUE PRECISA TRAER O ALUMNADO DE 4ºEP
O primeiro día de clase, 14 de setembro, o alumnado de 4º de EP precisa traer: mascarilla, unha mochila, unha bolsa de tea con dúas caixas de panos de papel, un caderno, unha carpeta tamaño folio e un estoxo con material para escribir e colorear.
Todos os días, o alumnado de E.P, debe
utilizar máscaras cirúrxicas ou hixiénicas. Pola saúde de todos e todas é altamente recomendable que as máscaras ou os seus filtros estean homologados ou sigan a normativa correspondente. Deberán traer unha posta da casa e outra para cambiar logo de tomar a parva. A máscara de recambio deberá vir gardada de xeito independente nun sobre de papel ou recipiente que cumpra as recomendacións do Ministerio de Sanidade. Deberán traer outro recipiente ou sobre como o anterior, para gardar a máscara se fose preciso nalgún outro momento da mañá. A imposibilidade de uso de máscara deberá ser acreditada polo/a pediatra ou facultativo da persoa obrigada.
Para os vindeiros días, d
ebido á situación actual provocada pola COVID-19, cada alumno/a terá o seu material nas súa mesa e cadeira (mochila, estoxo, caixoneira,...) e a poder ser todo o material deberá estar identificado co nome do alumno/a, xa que non compartirá material de uso propio con ningún dos seus/súas compañeiros/as.Dito isto, o alumnado terá que traer el levar o material que precise para cada día segundo as materias que teña establecidas no seu horario. É recomendable que sempre teñan na mochila, ademais dos libros e libretas que precisen para ese día, o seguinte material:
1 estoxo grande, non ríxido e de cremalleira con:
· 1 afialapis con recolledor.
· 1 lapis NORIS do nº. 2.
· 1 barra de pegamento.
· 1 gomas de borrar.
· 1 bolígrafo azul e outro vermello.
· Unhas tesoiras.
1 caixa de ceras duras PLASTIDECOR de 12 cores.
1 caixa de rotuladores de 12 cores.
1 xogo de regras (escuadro, cartabón, regra e transportador).
1 compás.
1 carpeta de gomas tamaño folio.
Na aula, o único material que teremos sempre será:
1 carpeta tamaño folio para gardar fichas e traballos.
1 paquete de 100 folios DIN A4.
2 caixas de panos de papel. Para este curso solicitamos que traian da casa unha bolsa de tea que quedará colgada na mesa de cada alumno/a, na que terán as caixas de panos de papel para o seu uso persoal.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!
-
Na clase de Ciencias de Socias aprendemos os ríos e encoros mais importantes de Galicia
-
Dende a biblioteca do cole chéganos unha nova propostas de Güino chamada "Contos confinados". No seguinte enlace podedes atopar to...
-
Como xa sabedes, o 29 de xaneiro realizaremos unha saída didáctica á Coruña para visitar o Aquarium Finisterrae. Estamos co...