Boas rapazada!!
Como xa sabedes hoxe. día 25 de novembro conmemorase o Día Internacional contra a violencia de xénero.
Nas clases de 4º A e B estes días estamos traballando moito sobre esta temática a traves dunha proposta que nos fixo Güino e o noso Equipo de Biblioteca Escolar.
Aquí vos deixamos a proposta que traballamos : SIRA E ILLA!!
Despois de reflexionar e sacar conclusións sobre o video, realizaremos barquiños de papel con a técnica amosada no seguinte vídeo ou doutro xeito, barcos grandes, pequenos, de papeis de cores, pintados...
Podemos colgalos das nosas fiestras ben abertas, nos fíos que xa temos nos ocos dos corredores, no teito das clases... para que leven os nosos soños con tesón e esforzo a destinos extraordinarios.
Ao final agardamos sementar no noso alumnado valores de respecto, igualdade, non violencia e ademais coas manualidades o noso cole lucirá ben bonito ao vaivén das nosas barquiñas cheas de soños para acadar un futuro mellor!
Dende ILLA FANTASÍA , chegounos unha carta que podedes leer nas imaxes. Os nenos/as de cuarto falamos da importancia de respectar non só o espazo físico de cada persoa senon o seu espazo persoal... e da importancia de poder elexir quen queremos que forme parte do noso círculo vital!!
Espectacular Reflexión que nos chega dende a Illa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario