lunes, 1 de febrero de 2021

Día da Paz 2021 .RECOLLIDA DE ALIMENTOS !!

 


RECOLLIDA DE ALIMENTOS NO NOSO COLE 

 

O día 29 de xaneiro celebraremos no colexio o “Día da Paz e non violencia” cunha recollida de alimentos, en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas (Zona Ferrol).

 

O ano 2020 foi un ano complicado e cheo de retos para todos/as, no que toda a comunidade educativa do Ceip Couceiro Freijomil se implicou e continúa a implicarse cada día con responsabilidade e compromiso na axuda e colaboración con toda a pobocación que o precise por diversos motivos relacionados coa pandemia.

 

O noso colexio dedice facer esta recollida de alimentos neste momento (Día da Paz) porque un dos valores que a nosa escola quere poñer en alza é o da solidariedade e compromiso coa comunidade.  

 

No ano 2020 o Comité do Premio Nobel da Paz entrega este premio ao  Programa Mundial de Alimentos das Nacións Unidas pola súa contribución para mellorar as condiciós para a paz en áreas afectadas por conflictos e por actuar con forza impulsora para previr o uso da fame como unha ferramenta para a guerra e o conflicto. Ademais, dito Programa Mundial de Alimentos leva loitando contra a pandemia dende o primeiro momento, facendo unha gran labor para mellorar a situación de millóns de persoas en todo o mundo.

 



COMO LEVAREMOS A CABO A RECOLLIDA DE ALIMENTOS?

 

O venres 29 de xaneiro haberá nas entradas do cole unhas caixas onde recolleremos os alimentos non perecedoiros e alimentos precociñados tales como lentellas, garavanzos, arroz, leite, galletas, aceite,... para o Bando de Alimentos Rías Altas de Ferrol. 

Todas as familias que desexen participar nesta recollida de alimentos deberán facelo por medio dos seus fillos/as, que os depositarán ao entrar na escola (as familias de Infantil poderán ser os adultos que acompañan aos nenos/as os que depositen os alimentos nas caixas).

 

Unha vez máis, grazas a todos/as pola vosa colaboración.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

MAIOS 2023