jueves, 8 de abril de 2021

Día da Árbore

 O pasado 24 de marzo, en colaboración co Concello de Pontedeume e as Concellerías de Parques e Xardíns e a de Formación e Emprego, levouse a cabo a celebración do Día da Árbore na nosa escola, co obxectivo de dar a coñecer a importancia que teñen as árbores para o noso planeta e a necesidade de protexer os bosques e superficies arboladas.

Así pois, levouse a cabo a plantación de de dúas Albizia Julibrissin (Acacias de Constantinopla) no noso recinto escolar, aprorveitando a ocasión para aprender máis sobre as árbores, a súa conservación e o modo de plantalas correctamente.











No hay comentarios:

Publicar un comentario

MAIOS 2023