Este curso, como cada ano a finais de abril na nosa escola, festexamos os Maios.
Achegamos á escola verdes (fiúnchos, fentos, xestas...) e flores (margaridas, calas, rosas,...), laranxas e ovos baleiros para facer un Maio por ciclo o xoves 29 de abril.
Todos os nenos e nenas, axudados polas mestras e mestres, colaboraron na elaboración destas esculturas na honra da primavera, contribuíndo un ano máis a que esta tradición perdure na nosa vila.
A continuación podedes ver unhas fotos e un vídeo sobre a celebración dos Maios 2021 no noso cole, no cal tamén poderedes escoitar e aprender a "Danza do Biouteiro", cantiga tradicional que se adoita cantar por estas datas ano tras ano na nosa vila.
Agardamos que o disfrutedes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario