O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, un día para loitar pola igualdade, a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade. Celébrase en moitos países do mundo. Nalgúns destes países é festa nacional. No CEIP Couceiro Freijomil tamén celebramos este día.
Todo o colexio participou na actividade que nos propuxo a Biblioteca Escolar e que levou por título "Mulleres na Arte".
O alumnado de 3º de Primaria levou a cabo a investigación e exposición da vida e obra de Alicia Martín e María Cristina Gonzalo Pintor, dúas mulleres pioneiras en escultura e arquitectura respectivamente.
Velaí vos deixamos un vídeo desta actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario