martes, 3 de abril de 2018
DÍA DA POESÍA E DO TEATRO 2.018
Despois do teatro chegou a poesía de 3º e 4º. Veñen de coñecer a ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO que é Premio Nacional de Literatura e tráennos unha escolma de poesías do seu último libro “POEMAR O MAR”.
miércoles, 21 de marzo de 2018
DÍA DA MULLER
Para conmemorar o "Día Internacional da Muller", este ano o alumnado do CEIP Couceiro Freijomil botou unha ollada á muller que traballa no mar.
Os nosos compañeiros/as de 5º e 6º estiveron a investigar sobre os traballos desenvolvidos polas mulleres da nosa zona no ámbito mariño: Mariscadoras, peixeiras, redeiras e traballadoras nas conserveiras.
Despois, fixeron un fermoso mural coas informacións destas catro profesións e invitaron a todo o cole a coñecer e valorar o traballo de moitas das súas nais, avoas, tías, veciñas, etc.
Por suposto, os nenos e nenas de 3º tamén quixemos participar neste fermoso traballo.
Noraboa compañeiros/as!!
CRISTÓBAL COLÓN E MARCO POLO... ALÉN DO MAR
Como xa sabedes... os nenos e nenas de 3º A e 3º B somos uns auténticos exploradores do mar.
A piques de rematar o 2º trimestre, non queríamos marchar de vacacións se compartir con todos vós os nosos traballos do PDI "Alén do Mar", relacionados coas viaxes de dous grandes exploradores da nosa historia, Cristóbal Colón e Marco Polo.
Velaí vai un vídeo para que vexades os nosos traballos, pero recordade que tamén están expostos nos corredores do cole.
Agardamos que vos gusten.
martes, 20 de marzo de 2018
DÍA INTERNACIONAL DO MAR.
O venres 16 de marzo celebramos na escola o día Internacional do Mar.
Os nenos e nenas de 3º de primaria recitamos unhas poesías e bailamos o son de : Catro vellos mariñeiros!!
Aquí deixamos un video para que vexades que ben o fixemos:
lunes, 19 de marzo de 2018
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO NO COUCEIRO... POEMAR O MAR
O luns 19 de marzo recibimos a un dos grandes poetas da literatura infantil e xuvenil galega, Antonio García Teijeiro.
Ten publicada unha extensa obra tanto en galego como en castelán, e como o PDI deste curso está relacionado co mar, non podíamos deixar pasar a oportunidade de ler o seu libro "Poemar o mar", que ademais foi elixido "Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017".
Escoitamos as súas historias, fixemos poemas e recitamos, coñecemos ao seu amigo "Maaarrrrtiño"... e descubrimos que o mundo da poesía é un mundo marabilloso.
Velaí vos deixamos algunhas imaxes...
domingo, 4 de marzo de 2018
COÑECENDO AS ALGAS CO ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA
A semana pasada os nosos compañeiros e compañeiras de 4º de Primaria, xunto coa súa mestra Sabela, fixéronnos unha exposición e charla das algas que están a
investigar no PDI “Alén do Mar”.
Aprendemos un montón de cousas sobre elas. Puidemos velas, tocalas, saber que utilidades
poden ter, algunhas curiosidades,...
Foi xenial... Parabéns compañeiros e
compañeiras polo voso traballo!!!
Velaí van algunhas imaxes.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Na clase de Ciencias de Socias aprendemos os ríos e encoros mais importantes de Galicia
-
Como ben sabedes, no colexio estamos a traballar no PDI sobre a alimentación "Bo Proveito", e unha das actividades realizadas...
-
Como xa sabedes, o 29 de xaneiro realizaremos unha saída didáctica á Coruña para visitar o Aquarium Finisterrae. Estamos co...





















