ACTIVIDADE DO PLAN DE BENESTER EMOCIONAL
"EN EQUIPO, MÁIS FORTES"
Esta actividade ten como finalidade: Identificación emocional, empatía, autoestima, autoeficacia, comportamento prosocial, actitude positiva, responsabilidade e educación para a saúde.
As novas medidas sanitarias pódennos provocar sentimentos de incerteza e rexeitamento. Dialogar e compartir opinións para buscar solucións axeitadas e creativas, desde unha visión positiva e responsable, aumenta a capacidade do alumnado de autoeficacia e fomenta a autoestima.
Reflexionamos co alumnado sobre o regreso á escola coas novas medidas sanitarias de protección: hixienización de mans, distancia física, uso de máscaras… Estes cambios provócannos diferentes estados de ánimo e lévannos a adoptar condutas diversas: positivas, agresivas, pasivas, de aceptación, de rexeitamento, de indiferenza, de observación…
Pedímoslles que pensen ou escriban a súa percepción sobre estas medidas e a súa repercusión nun cuestionario.
Realizaremos esta proposta en asemblea poñendo en común todas as respostas. Dialogamos sobre a necesidade de validar as nosas emocións e sentimentos sobre esta nova situación e sobre como podemos facer para que toda a comunidade educativa se sinta cómoda con estas medidas, propoñendo solucións creativas para podelas desenvolver de xeito responsable e cunha actitude positiva.
4º A
4º B
No hay comentarios:
Publicar un comentario