miércoles, 16 de junio de 2021

PDI "PONTEDEUME: A NOSA VILA". PASADO, PRESENTE E FUTURO DE PONTEDEUME.


PASADO, PRESENTE E FUTURO DE PONTEDEUME

  Para rematar o PDI deste curso, "PONTEDEUME: A NOSA VILA", realizamos un traballo no que puidemos observar os cambios acontecidos na nosa vila nos últimos tempos por medio da análise de fotografías do Século pasado, nas que se poden ver distintos lugares ou monumentos representativos de Pontedeume.

   Ao longo de todo o curso falamos da importancia de coidar a nosa vila, de valorar as cousas que temos nela e que forman parte da nosa historia, tantos os monumentos coma os entornos naturais, as lendas, tradicións,... O alumnado concienciouse moito da importancia que ten para Pontedeume e para todos nós que coidemos o noso patrimonio histórico, para poder sentirse orgullosos e privilexiados do lugar no que vivimos.

   Por iso, neste traballo reflexionamos sobre a importancia de valorar o pasado de Pontedeume, de coidar o presente, e de soñar con un futuro no que a todas e todos nos gustaría vivir nesta fermosa vila. 

   Agardamos que vos guste!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

MAIOS 2023