martes, 18 de diciembre de 2018

UNHA VISITA MOI ESPECIAL DENDE BOCA DE LOBO - ILLA FANTASÍA



   Cada vez que recibimos unha carta de Illa Fantasía propoñendo un novo reto, nós participamos encantados e con moitísimo entusiamo.

   O último era construir un tipi e aprender unha canción india para recibir unha visita moi especial chegada de Boca de Lobo.

   Con tipis feitos, tanto grandes como pequenos, e coa canción aprendida... chegou a ansiada visita...

   Tatanka Ská!!!!

   Visitou o noso cole o pasado venres 14 de decembro, e contounos fermosas historias sobre a súa familia e sobre o seu Lunicornio.

   E falando de Lunicornios... Tatanka Ská tamén nos propuxo un novo reto... atopar Lunicornios por Pontedeume a partires do sábado 22 de decembro.

   Por suposto que... nós sairemos ás rúas da nosa vila para superar este novo reto entre todos.

   Velaí vos deixamos algunhas imaxes desta fermosa actividade.

   Agardamos que vos guste tanto como a nós.




































ELABORACIÓN DO PRATO DO MES - DECEMBRO


   Como ben sabedes, no colexio estamos a traballar no PDI sobre a alimentación "Bo Proveito", e unha das actividades realizadas é a que se nos propuxo dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega denominada "Prato do Mes" (Preme aquí para ver máis información sobre esta actividade)

   Dita actividade consiste en que cada curso elabore unha receita para un mes do ano. A nós tocounos o mes de Decembro, e velaí tedes a nosa proposta gaStronómica para esta época do ano.

   Lasaña de Cogomelos como prato principal e Nevadiños para o postre.

   Agardamos que vos guste e... 

   Bo proveito!!




 


jueves, 6 de diciembre de 2018

VISITA Á CASA DA CULTURA PARA VER A EXPOSICIÓN HOMENAXE AO PINTOR EUMÉS ABELARDO MIGUEL


    O pasado mércores 5 de decembro, o alumnado de 4º de Primaria realizou unha visita á Casa da Cultura de Pontedeume para gozar da "Exposición - Homenaxe ao pintor eumés Abelardo Miguel no centenario do seu nacemento".

   Abelardo Miguel López (1918 - 1991) naceu na rúa da Pescadería de Pontedeume. Foi o quinto de once irmáns dunha familia de pescadores, unha orixe maiñeira que influiría decisivamente na súa obra. Debuxou dende a súa máis tenra infancia, sendo a pintura o seu acto vital por excelencia. Estudou na Escola de Artes da Coruña, realizando a súa primeira exposición con dez anos nunha tenda de tecidos de Pontedeume.

   Abelardo Miguel  é Pontedeume. tanto a súa vida como a súa obra xiraron arredor da nosa vila e contorna, do seu mar e das súas xentes, sobresaíndo todo isto nos seus óleos cun estilo particular  e incomparable. Ninguén retratou Pontedeume e ás súas xentes como Abelardo Miguel, de ahí que a súa vila natal lle brindase esta homenaxe.

















miércoles, 28 de noviembre de 2018

NOVO RETO !!Tipi indio



Xa conseguimos os retos que nos encomendou  Illa Fantasía: fixemos o atrapasonos e construímos a gran chave contra a violencia de xénero .

O luns 26 de novembro, chegou as nosas aulas , unha carta moi chula..  de Illa Fanstasía..un  novo reto debemos cumplir:
  • construir un tipi e aprender unha canción india .
Debemos facelo antes de que cheguen a lúas chea de largas noites.. porque virá Tatanka Ská e debemos prepararnos para recibila.Polo que comezamos por aprender a canción:


lunes, 19 de noviembre de 2018

Grazas Roi pola túa mensaxe.

 

   Con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, uns dos nosos alumnos trouxo á aula unha caixa turca enigmática cunha mensaxe moi importante que nos fixo reflexionar a todos. Moitas grazas Roi.




jueves, 15 de noviembre de 2018

MAGOSTO 2018



O luns , 12 de novembro , celebramos na escola o Magosto.
Aquí tedes a canción e o baile que fixemos toda a  escola.Foi xenial!!



MAIOS 2023