jueves, 5 de marzo de 2020

Héroes e heroínas Libera :Proxecto Libera 1m2




Libera


O día 9 de marzo, o alumnado de 1°,2°,3° e 4° de educación primaria, participaremos no Proxecto Libera 1m2. Consiste na recollida de residuos na praia da Magdalena en Cabanas.


Neste enlace podes  ver a convocatoria oficial da recollida. (Proyecto Libera 1m2)

Libera1m2 é unha movilización da comunidade, neste caso educativa , para liberar a nosa natureza do lixo, denominada Basuraleza. 

VÍDEOS INTERESANTES SOBRE O TERMO BASURALEZA E LIBERA






Esta actividade intenta reflexar que, co esforzo de todos/as, podemos conseguir moitos metros cadrados limpos e producir  un gran impacto no noso entorno natural.

A actividade ten unha doble vertente educativa: por un lado, é un xornada de convivencia entre alumnado, mestres/as e familias. E  por outro, unha xornada de civismo e conciencia medio ambiental.

Como xa sabedes , este ano dende Illa Fantasía e coa estreita colaboración da nosa escola ,estamos facendo moito fincapé na educación ambiental, xa que é un dos obxectivos esenciais da etapa do noso alumnado.

Deste xeito, coas experiencias educativas  que se lle presentan , con charlas sobre reciclaxe e a posta en marcha de iniciativas de coidado e respeto da nosa contorna,  intentamos fomentar no alumnado a conciencia ecolóxica e  formar unha cidadanía crítica e democrática , que respecta o mundo no que vive. De xeito que poidan ser cidadáns libres  nun mundo sostible.


Esta actividade, realízase a raíz de recibir unha charla de  ECOEMBES que se levou a cabo en colaboración co Concello de Pontedeume. 

Ecoembes

  


IMPORTANTE:


Se o tempo non acompaña para facer a actividade, avisarase o domingo 8 de marzo na páxina web da escola e no Facebook.

WEB DO COLE ( ENLACE PARA A PÁXINA WEB CEIP COUCEIRO FREIJOMIL)

Se fose así, faremos unha nova convocatoria para que as familias que nos acompañan podan anotarse de novo.


Grazas pola participación e Libera o teu 1m2.




















martes, 25 de febrero de 2020

ENTROIDO 2020




ENTROIDO 2020


    Desfile de Entroido polas rúas da nosa VILA: PONTEDEUME!!



Grazas ás familias por acompañarnos neste día tan importante para a escola!!!


 A NOSA ACTUACIÓN:  ROMPENDO MOLDES!!!





Á volta do Entroido, queimamos o "Antroido", chorando a súa perda, pero sabendo que para o ano que vén voltará para troulear nas aulas e por todo Pontedeume. Todo o alumnado cantou a cantiga típica da nosa vila para a queima do "Antroido", o "Xa morreu".













viernes, 14 de febrero de 2020

VISITA DA CAPITÁ MARIANA!!





Esta semana estivo cheo de visitas.  Nesta ocasión da man da Capitá Mariana.

   Chegou pola porta... e como sempre pediu ser recibida como a gran Capitá que é. Todos/as de pé... e o entrar... quedamos abraiados! Non tiña a cadeira de rodas, levaba un bastón. Comentounos que se atopaba moito mellor e que xa estaba case recuperada.

   Estaba moito contenta, xa que cumplimos co reto de crear as palabras ou feitizos de Paz, e trouxonos un xogo para celebralo. Dounos os parabéns a todo o cole, polo traballo que está no corredor da escola.


   Xogamos a adiviñar, a través de pistas, de que muller da tripulación do Stella Maris estabamos a falar.

Tanto 3ºA como 3ªB fixérono moi ben!!! Coñecen a case todas as mulleres da tripulación!! E son 25.

  Para rematar , cantamos o RAP DE ISÓTITA!!!

Aquí deixamos unhas fotiños das dúas clases para que vexades que ben o pasamos!





miércoles, 12 de febrero de 2020

Charla de ECOEMBES. Reciclando máis e mellor.


    Temos que coidar o noso planeta, debemos vivir nun mundo máis limpo e con menos contaminación, podemos axudar a coidar o medioambiente, somos importantes para mellorar este mundo, ... Estas son algunhas das reflexións que fixo o noso alumnado ao longo das últimas semanas nas aulas. E grazas a este tipo de reflexións, consideramos moi importante recibir formación sobre reciclaxe. 

    Así pois, da man de ecoembes, tivemos unha charla o pasado mércores para ver a importancia de reciclar, e sobre todo de facelo ben. Aprendimos unha morea de cousas sobre os residuos, sobre a forma correcta de reciclar os distintos tipos de envases, dos distintos usos que poden ter os materiais reciclados,...

   Unha das cousas que máis nos impresionou foi que coa reciclaxe axudamos moito a coidar o noso planeta, e que cos materiais reciclados se poden facer miles de cousas (roupa, calzado, libros, bicicletas,...).

   Todo isto parécenos tan importante, que os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria, decimidos que iamos a contar a todos os nosos compañeiros e compañeiras do cole o que nos ensinaron nesta charla, para así poder coidar o noso planeta coa axuda de todos e todas.









martes, 11 de febrero de 2020

Aprendendo con Uxía sobre a discapacidade visual.


   O pasado luns tivemos a sorte de estar acompañados de Uxía, unha mestra con discapacidade visual que nos falou sobre cousas importantes e fundamentais sobre o seu día a día, e que nos demostrou como a base de esforzo, superación persoal e ás veces con axuda de familiares, amigos e amigas, logrou conseguir moitos dos seus soños. É mestra de Educación Primaria, monta a cabalo e fai salto, sae a correr ou a pasear co seu can,... e moitas cousas máis.

     Tamén nos falou sobre a importancia do braille para as persoas con discapacidade, e de cómo se pode axudar a unha persoa con discapacidade visual cando ten que ir a un lugar novo ou non sabe o camiño a seguir.

    Foi unha visita moi bonita e que nos fixo reflexionar moito sobre a axuda, o respecto e a superación persoal.

       Grazas por compartir o teu tempo con nós Uxía!!!




 

miércoles, 5 de febrero de 2020


NOTA ENTROIDO 2020

Estimadas familias:
O entroido xa está á volta da esquina e chegou a hora de preparar os nosos disfraces. 
Como este ano estamos a traballar o PDI “No Couceiro pola Igualdade”, as nenas e nenos de 3º e 4º iremos “rompendo moldes” coa nosa temática.

As nenas irán de mecánicas. Para iso precisan vir da casa vestidas con pantalón vaqueiro, camiseta ou camisa azul e un pano ou viseira na cabeza. 
Os nenos irán de limpadores. Precisarán vir da casa con pantalón escuro (ou un peto se o teñen), camiseta branca, uns guantes de goma, un trapo e unha viseira.

Como no cole imos a preparar algúns complementos para os disfraces, cada nena e neno terá que traer da casa unha caixa de cereais baleira (ou similar), un rolo de cartón de papel de cociña rematado e un rolo de papel de aluminio (o papel que sobre levarano de volta para a casa). Este material teñen que traelo o luns 10 de febreiro.

As imaxes que aparecen a continuación son a modo de orientación.

Un saúdo e grazas pola vosa colaboración.




 

MAIOS 2023