lunes, 14 de diciembre de 2020

“PENSAMENTO +” Actividade do Plan de Educación Emocional.

ACTIVIDADE DO PLAN DE EDUCACIÓN EMOCIONAL

 

      “PENSAMENTO +”

 

 Estimadas familias:

Os nenos/as deben aprender a pensar en positivo canto antes, sobre todo en tempos de pandemia, polo que dende o centro educativo e dende o segundo ciclo de educación primaria, decidimos propoñer a seguinte actividade que forma parte do Plan de Educación Emocional deste curso.

A idea é ter un bote, un sobre ou un recipiente e que todos os días (se pode ser á mesma hora) escribamos algo bo que nos pasase ese día. Pode ser calquera cousa positiva que vos fixese sentir ben... a amabilidade do caixeiro do supermercado, o rato que xogamos en familia, un baño de escuma… cada un/unha debe identificar as súas alegrías diarias.



 

IMOS FACER DOUS BOTES: UN NA CASA E OUTRO NO COLE.

 Animámosvos a que o fagades xuntos en familia!! 

Escribiremos os bos momentos, sen deixalos pasar, para que o noso cerebro pola noite os recorde, e que vaiamos a durmir recordando o bo de cada día. Así as decepcións, os malos momentos ou os menos agradables, quedarán fóra da nosa mente.

 Ao escribilo, o noso cerebro fixa eses bos momentos na mente, xa que está programado para recordar as cousas malas e darlle voltas e é necesario ser consciente deste erro e traballar para cambialo.

Se os nenos e nenas dende pequenos pensan en positivo, cando sexan maiores saberán encontrar o vaso medio cheo en lugar de medio baleiro, e serán capaces de facelo de forma automática.

Esta actividade terá unha duración dunha semana, xa que ao chegar o venres leremos entre todos/as  os nosos pensamentos e reflexionaremos sobre eles, facendo  fincapé na necesidade de mudar os pensamentos negativos polos positivos.


miércoles, 25 de noviembre de 2020

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Boas rapazada!!

Como xa sabedes hoxe.  día 25 de novembro conmemorase o Día Internacional contra a violencia de xénero.

Nas clases de 4º A e B estes días estamos traballando moito sobre esta temática  a traves dunha proposta que nos fixo Güino e o noso Equipo de Biblioteca Escolar.

Enlace a Bibliocouceiro



Aquí vos deixamos a proposta que traballamos : SIRA E ILLA!!  




Despois de reflexionar e sacar conclusións  sobre o video, realizaremos barquiños de papel con a técnica amosada no seguinte vídeo ou doutro xeito, barcos grandes, pequenos, de papeis de cores, pintados...
Podemos colgalos das nosas fiestras ben abertas, nos fíos que xa temos nos ocos dos corredores, no teito das clases... para que leven os nosos soños con tesón e esforzo a destinos extraordinarios.








Ao final agardamos sementar no noso alumnado valores de respecto, igualdade, non violencia e ademais coas manualidades o noso cole lucirá ben bonito ao vaivén das nosas barquiñas cheas de soños para acadar un futuro mellor!


Dende ILLA FANTASÍA , chegounos unha carta  que podedes leer  nas imaxes. Os nenos/as de cuarto falamos da importancia de respectar non só o espazo físico de cada persoa senon o seu espazo persoal... e da importancia de poder elexir quen queremos que forme parte do noso círculo vital!!
Espectacular Reflexión que nos chega dende a Illa.


















MAIOS 2023