VÍDEO ENTROIDO MEDIEVAL
FOTOS 4ºA - 4ºB
RECOLLIDA DE ALIMENTOS NO NOSO COLE
O día 29 de xaneiro celebraremos no colexio o “Día da Paz e non violencia” cunha recollida de alimentos, en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas (Zona Ferrol).
O ano 2020 foi un ano complicado e cheo de retos para todos/as, no que toda a comunidade educativa do Ceip Couceiro Freijomil se implicou e continúa a implicarse cada día con responsabilidade e compromiso na axuda e colaboración con toda a pobocación que o precise por diversos motivos relacionados coa pandemia.
O noso colexio dedice facer esta recollida de alimentos neste momento (Día da Paz) porque un dos valores que a nosa escola quere poñer en alza é o da solidariedade e compromiso coa comunidade.
No ano 2020 o Comité do Premio Nobel da Paz entrega este premio ao Programa Mundial de Alimentos das Nacións Unidas pola súa contribución para mellorar as condiciós para a paz en áreas afectadas por conflictos e por actuar con forza impulsora para previr o uso da fame como unha ferramenta para a guerra e o conflicto. Ademais, dito Programa Mundial de Alimentos leva loitando contra a pandemia dende o primeiro momento, facendo unha gran labor para mellorar a situación de millóns de persoas en todo o mundo.
COMO LEVAREMOS A CABO A RECOLLIDA DE ALIMENTOS?
O venres 29 de xaneiro haberá nas entradas do cole unhas caixas onde recolleremos os alimentos non perecedoiros e alimentos precociñados tales como lentellas, garavanzos, arroz, leite, galletas, aceite,... para o Bando de Alimentos Rías Altas de Ferrol.
Todas as familias que desexen participar nesta recollida de alimentos deberán facelo por medio dos seus fillos/as, que os depositarán ao entrar na escola (as familias de Infantil poderán ser os adultos que acompañan aos nenos/as os que depositen os alimentos nas caixas).
Unha vez máis, grazas a todos/as pola vosa colaboración.
Estimadas familias:
O alumnado de cuarto precisará para o segundo trimestre o seguinte libro de lectura para ler na escola, xa que realizaremos un Club de lectura , unha iniciativa para fomentar a lectura compartida.
É unha actividade xenial para :comprender, reflexionar cos compañeiros/as sobre unha mesma idea, falar en público , aportar solucións a problemas e .... un montón de oportunidades para aprender en grupo.
O libro elexido é :
Un ano máis chega o tempo de inverno e con el o tempo de estar na casa ao abrigo. Este ano ademais de abrigarnos do frío e dos temporais toca gardarnos da pandemia que aínda se resiste a deixar a nosa vila, polo que teremos máis tempo para estar na casa e soñar co mil e un mundo que nos agardan nos libros.
Güino recoméndanos: libros de misterio, de aventuras, de fantasía...; en galego, castelán, inglés e francés; libros para os máis pequenos e para os maiores. Libros para toda a familia que xa enchen o moble de novidades da nosa biblioteca para que lles poidades botar un ollo antes de pedilos como agasallo nestas festas.
Cada aula poderá miralos no noso "Xardín do Paastempo" , sempre presentándoos o titor ou titora na súa hora de biblioteca ou ben achegar a mestra ou o mestre os libros que vaia presentar ás aulas
AQUÍ VOS DEIXAMOS O ENLACE PARA VER AS RECOMENDACIÓNS DO NADAL.
Preme nas imaxes para ter máis información dos libros para os clubs de lectura de 4º, 5º e 6º de Primaria.
ACTIVIDADE DO PLAN DE EDUCACIÓN EMOCIONAL
“PENSAMENTO +”
Estimadas familias:
Os nenos/as deben aprender a pensar en positivo canto antes, sobre todo en tempos de pandemia, polo que dende o centro educativo e dende o segundo ciclo de educación primaria, decidimos propoñer a seguinte actividade que forma parte do Plan de Educación Emocional deste curso.
A idea é ter un bote, un sobre ou un recipiente e que todos os días (se pode ser á mesma hora) escribamos algo bo que nos pasase ese día. Pode ser calquera cousa positiva que vos fixese sentir ben... a amabilidade do caixeiro do supermercado, o rato que xogamos en familia, un baño de escuma… cada un/unha debe identificar as súas alegrías diarias.
IMOS FACER DOUS BOTES: UN NA CASA E OUTRO NO COLE.
Animámosvos a que o fagades xuntos en familia!!
Escribiremos os bos momentos, sen deixalos pasar, para que o noso cerebro pola noite os recorde, e que vaiamos a durmir recordando o bo de cada día. Así as decepcións, os malos momentos ou os menos agradables, quedarán fóra da nosa mente.
Ao escribilo, o noso cerebro fixa eses bos momentos na mente, xa que está programado para recordar as cousas malas e darlle voltas e é necesario ser consciente deste erro e traballar para cambialo.
Se os nenos e nenas dende pequenos pensan en positivo, cando sexan maiores saberán encontrar o vaso medio cheo en lugar de medio baleiro, e serán capaces de facelo de forma automática.
Esta actividade terá unha duración dunha semana, xa que ao chegar o venres leremos entre todos/as os nosos pensamentos e reflexionaremos sobre eles, facendo fincapé na necesidade de mudar os pensamentos negativos polos positivos.