domingo, 20 de junio de 2021

RECOMENDACIÓNS DA BIBLIOTECA DO COLE E DA SÚA MASCOTA GÜINO!!!

 

PARA LER NO VERÁN!!!

   Preme na seguinte imaxe para ver as recomendacións que nos fai Güino e o equipo da biblioteca do cole. 



miércoles, 16 de junio de 2021

PDI "PONTEDEUME: A NOSA VILA". PASADO, PRESENTE E FUTURO DE PONTEDEUME.


PASADO, PRESENTE E FUTURO DE PONTEDEUME

  Para rematar o PDI deste curso, "PONTEDEUME: A NOSA VILA", realizamos un traballo no que puidemos observar os cambios acontecidos na nosa vila nos últimos tempos por medio da análise de fotografías do Século pasado, nas que se poden ver distintos lugares ou monumentos representativos de Pontedeume.

   Ao longo de todo o curso falamos da importancia de coidar a nosa vila, de valorar as cousas que temos nela e que forman parte da nosa historia, tantos os monumentos coma os entornos naturais, as lendas, tradicións,... O alumnado concienciouse moito da importancia que ten para Pontedeume e para todos nós que coidemos o noso patrimonio histórico, para poder sentirse orgullosos e privilexiados do lugar no que vivimos.

   Por iso, neste traballo reflexionamos sobre a importancia de valorar o pasado de Pontedeume, de coidar o presente, e de soñar con un futuro no que a todas e todos nos gustaría vivir nesta fermosa vila. 

   Agardamos que vos guste!




martes, 15 de junio de 2021

"EN EQUIPO MÁIS FORTES". ACTIVIDADE DO PLAN DE BENESTAR EMOCIONAL.

 

   ACTIVIDADE DO PLAN DE BENESTER EMOCIONAL

"EN EQUIPO, MÁIS FORTES"



    Esta actividade ten como finalidade: Identificación emocional, empatía, autoestima, autoeficacia, comportamento prosocial, actitude positiva, responsabilidade e educación para a saúde. 

    As novas medidas sanitarias pódennos provocar sentimentos de incerteza e rexeitamento. Dialogar e compartir opinións para buscar solucións axeitadas e creativas, desde unha visión positiva e responsable, aumenta a capacidade do alumnado de autoeficacia e fomenta a autoestima.

    Reflexionamos co alumnado sobre o regreso á escola coas novas medidas sanitarias de protección: hixienización de mans, distancia física, uso de máscaras… Estes cambios provócannos diferentes estados de ánimo e lévannos a adoptar condutas diversas: positivas, agresivas, pasivas, de aceptación, de rexeitamento, de indiferenza, de observación…

 Pedímoslles que pensen ou escriban a súa percepción sobre estas medidas e a súa repercusión nun cuestionario.

    Realizaremos esta proposta en asemblea poñendo en común todas as respostas. Dialogamos sobre a necesidade de validar as nosas emocións e sentimentos sobre esta nova situación e sobre como podemos facer para que toda a comunidade educativa se sinta cómoda con estas medidas, propoñendo solucións creativas para podelas desenvolver de xeito responsable e cunha actitude positiva.

 4º A 









4º B
















miércoles, 9 de junio de 2021

III Encontro de Castelos de Area. Curso 2020/2021



III ENCONTRO DE CASTELOS DE AREA 

 COUCEIRO FREIJOMIL



ORGANIZACIÓN PREVIA EN 4ºA e 4º B
















CASTELOS DE AREA

PRAIA "A MAGDALENA" - CABANAS










lunes, 31 de mayo de 2021

Club de lectura do libro "O misterio dos fillos de Lúa". Encontro virtual coa autora Fina Casalderrey.

 

O  CLUB DE LECTURA CHEGA AO SEU FÍN  CO DESEXADO

 ENCONTRO VIRTUAL COA AUTORA...

 FINA CASALDERREY


    Fina Casalderrey é unha escritora galega que acadou en pouco tempo un amplo recoñecemento pola súa obra. 

    Co libro "O misterio dos fillos de Lúa" gañou o "Premio O Barco do Vapor" no ano 1994 e o "Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil" en 1996.

   Neste libro Fina Casalderrey conta a historia de David, Branca e a súa gata Lúa. A Lúa desaparécenlle os gatiños ao día seguinte de telos. Por iso miaña tristeira e busca compañía. Quen lle leva os fillos a Lúa? David non o entende. Pero el e a súa amiga Branca van investigar este misterio, e non van parar ata dar coa resposta.
   A vida está chea de misterios. Para descifralos, cómpre abrir ben os ollos e non facer caso das aparencias!

Para todos nós, tanto ler o libro coma facer o encontro coa autora foi unha experiencia moi agradable e divertida.

Aquí vos deixamos unhas fotiños dese día.
























                     

MAIOS 2023